MEDIO AMBIENTE

Mila Castro destaca as medidas que o Concello de Santiago está aplicando ante o cambio climático

19/10/2022 A concelleira de Medio Ambiente, e de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, destacou hoxe a aposta de Santiago pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética. Foi na inauguración do "XII Congreso Internacional da Asociación Española de Climatoloxía. Retos do cambio climático: impactos, mitigación e adaptación", que se celebrou esta mañá no Paraninfo da USC.

Mila Castro incidiu en como nos está afectando o cambio climático, e pediu actuar, desde as institucións, "con dilixencia". O Concello de Santiago xa o está facendo, sinalou, a través de zonas de baixas emisións; cos próximos cambios no alumeado público, onde substituirán as actuais luminarias por luces led; a reducción, que xa se está aplicando, do consumo enerxético; a mellora do sistema de reciclaxe a través do impulso da recollida selectiva de residuos; ou a optimización das augas residuais. "Retos", sinalou, que "estamos abordando, e só nos queda prestarvos toda a atención para seguir polo camiño verde da xestión da emerxencia climática. O único vieiro posible se queremos que exista un futuro".

Na inauguración do congreso tamén interviron Domingo F. Rasilla, presidente da Asociación Española de Climatoloxía; Estrella Gutiérrez, xefa de departamento de Coordinación das delegacións territoriais da AEMET; Vicente Pérez, vicerreitor de Política Científica; Sagrario Pérez Castellanos, directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático; e Alberto Martín Ezpeleta, do comité organizador. Tamén interveu, por videoconferencia, a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

O congreso, que se celebra na Facultade de Xeografía e Historia e no Centro Obra Social ABANCA, prolongarase ata o venres, día 21 e reunirá figuras destacadas deste ámbito científico no intercambio de ideas e promoción de iniciativas cara a unha mellor comprensión do clima e da súa variabilidade. Os modelos e escenarios climáticos; a variabilidade, os extremos e os riscos; os océanos e os sistemas naturais; e o clima, a saúde, a economía e a sociedade son as principais liñas de traballo da duodécima edición do encontro. naturais; e o clima, a saúde, a economía e a sociedade son as principais liñas de traballo da duodécima edición do encontro.

Compartir: