DEPORTES
O evento, que terá lugar este sábado 15 de outubro nas piscinas municipais de Santa Isabel, iniciarase ás 10:45 e pecharase ás 18:00 h co acto de clausura.
Estes xogos teñen como obxectivo integrar ás persoas con discapacidade intelectual en actividades deportivas normalizadas. A concelleira recordou que "a práctica deportiva de forma continuada favorece o desenvolvemento físico, psíquico, emocional e social da persoa con discapacidade intelectual; a nivel físico mantennos en forma e fomenta hábitos de vida saudables e a nivel psicolóxico axuda, sobre todo nos colectivos con necesidades especiais, a aumentar a autoestima e a fomentar a autonomía".
Durante a presentación, Javier García, secretario de Special Olympics Galicia destacou o gran compromiso da localidade compostelá co proxecto desta entidade: "Santiago continúa a demostrar que é un Concello involucrado coa inclusión do noso colectivo, tanto a través de xornadas deportivas como esta de natación ou a recente celebración da Marcha Ciclista unificada, como noutro tipo de eventos lúdico sociais como puido ser a celebración da nosa peregrinación xacobea celebrada a principios de xullo".
Special Olympics Galicia
Special Olympics Galicia é a asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual. Unha organización sen ánimo de lucro onde se traballa pola promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte. Esta entidade integra distintas asociacións de apoio ás persoas con necesidades especiais, entre elas Aspas.
Os Xogos de Natación para persoas con discapacidade intelectual terán lugar este sábado en Santiago
11/10/2022 As piscinas municipais de Santa Isabel serán o escenario esta fin de semana da 24ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación para persoas con discapacidade intelectual. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que estivo acompañada na rolda de prensa polo secretario de Special Olympics Galicia, Javier García, e Daniel Rodríguez, deportista participante da asociación ASPAS.
Coa celebración deste evento deportivo, o Concello de Santiago renova o seu compromiso co deporte inclusivo e con Specials Olympics Galicia, que reunirá en Santiago a 146 persoas, das cales 86 serán atletas con discapacidade intelectual, 22 serán adestradores, 15 persoas voluntarias e 23 persoas da organización.O evento, que terá lugar este sábado 15 de outubro nas piscinas municipais de Santa Isabel, iniciarase ás 10:45 e pecharase ás 18:00 h co acto de clausura.