TURISMO

Turismo de Santiago reúnese cos responsables das Oficinas Españolas de Turismo dos principais mercados internacionais

05/10/2022 A entidade municipal continúa co traballo de promoción internacional da cidade para consolidar a reactivación dos principais mercados emisores que xa se está producindo neste 2022.

Turismo de Santiago participa esta semana na segunda convención organizada por Turespaña dirixida principalmente aos xestores dos destinos turísticos españois, co obxectivo de intercambiar boas prácticas de xestión e marketing turístico e propiciar unha maior coordinación da acción de promoción internacional de España e os seus destinos.

A edición deste ano, que se celebra en Barcelona do 3 ao 5 de outubro, está adicada á Gobernanza do Turismo, un dos ámbitos de acción actuáis máis relevantes do sector xunto co desenvolvemento da competitividade e a búsqueda da sostibilidade. Por este motivo, a Convención ábrese por primeira vez ao sector privado, có ánimo de reforzar os mecanismos de colaboración, cooperación e coordinación público-privada e favorecer o desenvolvemento de estratexias e toma de decisións conxunta.

A entidade de promoción municipal aproveitou a convención para reunirse con responsables das Oficinas Españolas de Turismo nos mercados internacionais máis importantes para a cidade, co obxectivo de consolidar a reactivación do turismo internacional na cidade.

En concreto, mantivéronse reunións con responsables das Oficinas Españolas de Turismo dos principais mercados turísticos para a cidade, como Alemaña, Italia, EEUU, Francia, Reino Unido e Xapón, e tamén con mercados con grandes posibilidade como o mercado de Bélxica, Irlanda, Austria e Canadá.

Con esta participación na convención de Turespaña, Turismo de Santiago continúa co traballo de promoción nos principais mercados internacionais da cidade, especialmente de cara aos mercados de longa distancia cun elevado gasto medio por persona. O obxectivo é que no ano 2023 se consolide e amplie a reactivación do turismo internacional que xa se está producindo neste ano, unha vez superadas as restriccións á mobilidade internacional.

No mes de setembro, Turismo de Santiago participou por primeira vez na ILTM Asia Pacific, feira dirixida ao segmento de alto nivel de mercados como Corea do Sur, Australia ou China; tamén participou na Feira Jata de Tokyo, dirixida ao mercado xaponés, que ten un gran interés para a cidade xa que os turistas xaponeses son os que teñen un maior gasto medio por persoa nas súas viaxes a España; e tamén participou nas Spain Tourism Summit, unhas xornadas de promoción organizadas por Turespaña dirixidas a un perfil de turista cun alto gasto medio de Brasil e Arxentina.

Compartir: