XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local inclúe no POS+ da Deputación da Coruña, a instalación de novos equipos informáticos nos Centros Socioculturais do rural nos que aínda non se renovaron

04/10/2022 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, acordou hoxe a participación do Concello de Santiago no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ ADICIONAL 2/2022" da Deputación Provincial da Coruña; que conta cunha achega de 750.263,70 euros.

Esta cantidade destinarase a investimentos financieramente sostibles. O executivo municipal acordou, na reunión de hoxe, incorporar a reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos (fase 1), actuacion á que se destinan 448.450 euros, dos que a deputación achegaría case a totalidade: 443.5478,94 euros.

Tamén se contempla unha partida de 39.170,17 euros para a "Subministración, instalación, configuración e posta en marcha de ordenadores de sobremesa e monitores en Centros Socioculturais do rural (campaña 2022), que permitirá dotar aos centros nos que non se renovaron os equipos, con novo material informático.
Neste "POS+ ADICIONAL 2/2022" tamén están incluidas a pavimentación do lugar das Aradas, na Peregrina; e a pavimentación do lugar de Coira, en Laraño, cun investimento de 143.236,4 euros e 124.278,19 euros, cuxos proxectos xa foran incluidos neste Plan único de concellos con anterioridade.

Compartir: