ALCALDÍA
Durante a visita aos traballos, o alcalde salientou que "nos estamos achegando ao principio do fin da construción plena da Estación Intermodal de Santiago" que permitirá "unha integración total do sistema de transporte metropolitano, urbano e ferroviario e que xa está a crear unas sinerxias extraordinarias". O rexedor recordou que segundo os últimos datos "estamos ao 97% de pasaxeiros no transporte urbano, ao 126% no aeroporto e por enriba do 100% en tráfico ferroviario con respecto as cifras do 2019, o que supón unha recuperación excepcional".
Sánchez Bugallo amosouse moi satisfeito dos logros acadados ata o momento conxuntamente coa Comunidade Autónoma e co Administración Xeral do Estado e comprometeuse a seguir traballando para convertir a Estación Intermodal "no punto nodal do transporte terrestre da nosa comunidade".
Na mesma liña, a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, destacou que este proxecto "é a proba de que cando se traballa en coordinación e cun obxectivo claro, as cousas saen adiante". Pardo de Vera congratulouse do bo avance ata o momento dunhas obras que permitirán "unha maior eficiencia nas sinerxias entre as infraestruturas así como a mellora da alta velocidade en Galicia".
Un novo edificio integrado na cidade
O novo edificio de viaxeiros elévase sobre a actual praia de vías, apoiándose nas plataformas con soportes puntuais. O edificio formará unha unidade volumétrica, coa pasarela peonil sobre vías xa en servizo, desde a que terá acceso e conectará a rede urbana, a estación ferroviaria e a terminal de autobuses, creando unha contorna de intermodalidade para a cidade de Santiago.
Para a súa execución acondicionaranse as plataformas existentes, establecendo un sistema de conexións verticais que una o vestíbulo principal, situado a un nivel superior, coa zona de uso ferroviario. Así mesmo, realizaranse as obras de adecuación necesarias no edificio de viaxeiros actual para adaptalo á nova realidade funcional da estación: a conexión de Galicia á rede de alta velocidade.
No marco desta actuación reestruturarase tamén a superficie do aparcadoiro situada entre a primeira plataforma, e o talude que traza o límite norte do solar, e urbanizarase o ámbito interior da estación, entre a rúa do Hórreo e as diferentes construcións do complexo ferroviario e entre os seus accesos este e oeste.
As obras do novo edificio respectarán e complementarán as actuacións finalizadas na estación de Santiago en 2018, que representaron melloras na configuración de vías e instalacións ferroviarias, plataformas, marquesiñas, a ampliación do edificio de viaxeiros e a reordenación de viais interiores, aparcamento e accesos á estación.
Reunión previa
Con anterioridade á visita, o alcalde mantivo unha xuntanza coa secretaria de Estado na que tamén participaron a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e na que abordaron a situación do Orbitaliño.
O alcalde e a secretaria de Estado de Transportes supervisan as obras da estación ferroviaria
23/09/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, visitaron esta mañá as obras da nova estación de tren de Santiago no ámbito da Intermodal. Estiveron acompañados polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro; e o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños
As obras da nova estación de viaxeiros contan cun financiamento de 30 millones de euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) a través de Adif no marco dos fondos NextGenerationEU, e terán unha duración estimada de 30 meses. Ata o momento, as principais actuacións desenvolvidas desde o seu inicio en xaneiro deste ano, consistiron na realización das cimentacións e piares da futura praza da estación; o reacondicionamiento do aparcadoiro para acoller novas prazas, traslado do gabinete de circulación a unha nova localización e a reposición de servizos afectados.Durante a visita aos traballos, o alcalde salientou que "nos estamos achegando ao principio do fin da construción plena da Estación Intermodal de Santiago" que permitirá "unha integración total do sistema de transporte metropolitano, urbano e ferroviario e que xa está a crear unas sinerxias extraordinarias". O rexedor recordou que segundo os últimos datos "estamos ao 97% de pasaxeiros no transporte urbano, ao 126% no aeroporto e por enriba do 100% en tráfico ferroviario con respecto as cifras do 2019, o que supón unha recuperación excepcional".