ALCALDÍA

O Concello de Santiago recibe a visita do embaixador de Ucraína

23/09/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe o embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, quen asinou no libro de Honra da Cidade. A visita tivo lugar tras un acto na praza o Obradoiro no que o rexedor compostelán e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, fixeron entrega ao embaixador de catro ambulancias que presentarán servizo á poboación ucraína que está a sufrir as terribles consecuencias da guerra.

Serhii Pohoreltsev, asumiu o cargo de embaixador de Ucraína en España o 22 de setembro de 2020. Licenciado en Filoloxía Románica e Xermánica na especialidade de traducción de español e inglés pola Universidade de Estatal Taras Shevchenko de Kíiv, ingresou na carreira diplomática en 1992. No libro de Honra deixou escrita unha mensaxe amosando "no nome do pobo de Ucraína" a súa gratitude con Santiago e co pobo español "pola firme e sólida solidaridade cos ucraínos que sofren da guerra inxusta desatada polo réxime de Putin".

Durante o acto, acompañounos o voceiro do PP local, José Antonio Constenla, a voceira do BNG, Goretti Sanmartin e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Compartir: