XUNTA DE GOBERNO
Estas decisións supuxeron un incremento importante de prazas de aparcamento para a zona 3 San Pedro; na que agora, mediante o acordo adoptado hoxe en Xunta de Goberno, se inclúen as rúas Triacastela e Altiboia.
Na reunión do executivo municipal tamén se acordou manter a forma de xestión indirecta mediante concesión, do servizo do ciclo integral da auga en Santiago de Compostela; que será sometida a ratificación polo pleno.
Segundo a proposta, baseada na conclusión de dous estudos, "o servizo público que abarca o ciclo integral da auga non deixa de selo polo mero feito de que a súa xestión sexa directa ou indirecta; non obstante, os servizos públicos deben prestarse da forma máis eficiente e sostible para os cidadáns e para a propia administración que o presta, e, a estes efectos, son varios os informes recabados para a toma de decisión pola Corporación municipal".
Licenzas
Tamén se acordou conceder o Consocio da cidade de Santiago licenza para realizar as obras de mantemento e reparación da fachada leste do Pazo de Raxoi. A actuación, que conta cun orzamento de execución material de 386.011,21 euros, consiste nunha intervención de restauración e conservación, que ten como obxectivo principal, mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Entre os traballos contemplados figuran labores de mantemento dos paramentos de fábrica de granito da fachada, renovación das carpinterías de madeira das fachadas que dan cara ao patio oeste, labores de mantemento das varandas das ventás balconeiras da fachada, hidrofugado da fachada e tratamento anti-pombas.
Entre as condicións que figuran no documento de concesión da licenza figura que o deseño das novas carpinterías siga o modelo dos anteriormente executados nas outras fachadas do inmoble que xa foron obxecto de intervención por parte do Consorcio; que se utilizarán as mesmas cores, e que os ventiladores irán encaixados nas follas interiores das ventás, de forma permitan a renovación de aire cando a folla exterior estea parcialmente aberta, pero evitando que sexan visibles dende o exterior.
Aprobouse, ademais, o "Plan Director da Facultade de Xeografía e Historia", que contén unha descrición xeral do conxunto, xunto a unha análise e diagnose, unha proposta de actuación, documentación gráfica, así como un plan de autoprotección do edificio.
Outros acordos
Ademais, adxudicouse o contrato baseado nun acordo marco para a contratación do seguro de accidentes dos empregados municipais do Concello de Santiago á empresa Markel Insurance, por un importe de 15.902,02 euros; ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas.
Tamén se aprobou a xustificación de distintos convenios correspondentes ao ano 2021, coas seguintes entidades: Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental pola contía de 5.000 euros, coa Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple (ACEM) por 9.000 euros; coa Fundación Down Compostela por 9.959,29 euros, coa Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela para o ano 2021, por 835,63 e coa Cruz Vermella Española (Programa Semus Compostela) por 99.054,20 euros.
A Xunta de Goberno Local tamén tomou coñecemento da sinatura de diferentes convenios con entidades sociais: coa Asociación de Lucha contra las Enfermedades del Riñón de La Coruña (ALCER CORUÑA) pola contía de 4.000 euros; coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela" por 3.000 euros, coa Fundación Andrea por 3.000 euros, coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental FEAFES GALICIA) por 60.000 euros, coa Escola de Tempo Libre Don Bosco por 5.000 euros; e coa USC por 11.000 euros.
A Xunta de Goberno Local acorda incluir as rúas de Triacastela e Altiboia na zona 3 de residentes (San Pedro)
18/07/2022 A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe a ampliación do rexime de residentes da zona 3, San Pedro, coa inclusión das rúas Triacastela e Altiboia. Os residentes das mesmas, unha vez comprobado que cumpren os requisitos establecidos na "Ordenanza do Sistema de Ordenación" e "Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de residentes", poderán obter o correspondente distintivo de aparcamento.
Por acordo da Xunta de Goberno Local de 23 de novembro de 2020 habilitáronse 30 prazas de aparcamento reservadas na rúa Altiboia, para residentes da zona 3. Posteriormente, por acordo do mesmo órgano de 25 de abril de 2022 aprobouse a modificación da zona de residentes nº 3 de San Pedro, para incluir no réxime de residentes os números do 1 ao 43, e do 2 ao 8, da Avenida de Rodríguez de Viguri; e os números do 191 ao 275 da Avenida de Lugo; ampliando en 9 prazas máis as destinadas a residentes, co réxime de horario nocturno de 21:00 h a 09:00 h. E tamén, se destinaron 28 prazas do aparcamento de Triacastela a residentes da zona 3 de San Pedro, durante 24 horas.Estas decisións supuxeron un incremento importante de prazas de aparcamento para a zona 3 San Pedro; na que agora, mediante o acordo adoptado hoxe en Xunta de Goberno, se inclúen as rúas Triacastela e Altiboia.