XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica o servizo de ocupación da vía pública na Alameda para a colocación dos postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo

11/05/2022 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou autorizar o servizo de "Ocupación de vía pública no Parque da Alameda de Santiago de Compostela para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo do ano 2022" á empresa a Jesús Pombo, Ferias y Eventos, S.L., que oferta un canon de 110.000,13 euros.

O canon mínimo establecido na Xunta de Goberno do pasado 26 de abril, cando saiu a licitación por procedemento de urxencia, era de 94.646,41 euros.

Esta convocatoria xa saíra a licitación, por procedemento ordinario, coa aprobación en Xunta de Goberno o pasado 21 de marzo, cun canon mínimo de 235.026 euros para os anos 2022 e 2023.

Ao quedar deserta, o Concello, atendendo ás peticións do sector, que está acusando a perda de poder adquisitivo debido á subida de prezos sobre todo da electricidade e o combustible; e aínda non se recuperou da crise económica provocada polos dous anos de pandemia, decidiu rebaixar ese canon mínimo a 94.646,41 euros, só para o ano 2022, e tramítar o procedemento por vía de urxencia. O obxectivo é que despois de dous anos sin atracións debido as restricións impostas pola covid-19, éstas regresen á Alameda.

Compartir: