TURISMO

Turismo de Santiago continúa a promocionar a cidade como escenario de rodaxes

11/05/2022 Santiago de Compostela Film Commission participa en Sevilla nun encontro con importantes produtores audiovisuais estadounidenses.

No marco do Plan Estatal de Impulso ao Sector Audiovisual "España, Hub Audiovisual de Europa", celébrase hoxe en Sevilla unha xornada de traballo entre profesionais norteamericanos e os representantes das Film Commissión de España, entre elas a de Santiago.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, ICEX-Invest in Spain e a Spain Film Commission organizan esta misión inversa de formación, na que participan preto de 40 executivos pertenecientes a compañías socias da Motion Picture Association (MPA) de Estados Unidos e outras plataformas e empresas audiovisuais estadounidenses de máximo nivel.

Os profesionais, que están na busca de novas localizacións e posibilidades para futuros proxectos, representan a empresas tan importantes como NBC Universal, Netflix, Paramount, Sony Pictures Entertainment, Walt Disney Studios, Warner Bros, 20th Century Studios, Amazon, HBO, MGM Studios entre outros.

Santiago de Compostela Film Commission acude a esta convocatoria invitada pola Spain Film Commission que contribuirá a ofrecer unha panorámica da diversidade das propostas que ofrece España para rodaxes, e en concreto, a singularidade de Santiago de Compostela como plató.

Compartir: