CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os Centros Socioculturais acollerán a exposición "Memorias do Café Derby (1929-2020)"

10/05/2022 A mostra, que amosa a traxectoria do emblemático café compostelán durante máis de 90 anos, inaugurouse o pasado 3 de maio no CSC do Ensanche e percorrerá varios centros ata o mes de febreiro do vindeiro ano.

A veciñanza de Santiago poderá visitar ata o 28 de febreiro de 2023, a exposición "Memorias do Café Derby (1929-2020)", promovida polo Consorcio de Santiago na rede de Centros Socioculturais de Santiago. A mostra percorre a traxectoria do emblemático Café e o seu patrimonio artístico e histórico durante as máis de nove décadas de existencia, que o converteron no máis lonxevo de Compostela.

O proxecto xurdiu a partir dun traballo de recuperación histórica e catalogación artística que deu tamén vida a un libro e a unha exposición que estivo durante varios meses na Casa do Cabildo, con gran éxito de afluencia.

A mostra poderá ser visitada no CSC do Ensanche ata o 27 de maio; do 31 de maio ao 30 de xuño no CSC de Santa Marta; do 4 de xullo ao 31 de outubro no CSC das Fontiñas; do 3 ao 30 de novembro no CSC José Saramago de Vite; do 2 de decembro ao 10 de xaneiro de 2023 na Casa das Asociacións de Cornes; e xa do 11 de xaneiro ata o 28 de febreiro do próximo ano, no CSC Aurelio Aguirre de Conxo.

O xoves 12 de maio ás 20:00 tamén se terá lugar un faladoiro sobre a mostra no CSC do Ensanche.

Compartir: