CIDADES PATRIMONIO

Turismo de Santiago participa na xornada formativa "Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Patrimonio"

19/04/2022 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade organiza este encontro en Úbeda (Jaén) no que se analizarán as mellores prácticas postas en marcha nestes 15 destinos. No encontro, Turismo de Santiago dará a coñecer os traballos vinculados ao Proxecto BODAH e outras iniciativas como exemplo de boas prácticas como a iluminación da Alameda no Nadal.

A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, asiste este martes, no Hospital de Santiago en Úbeda (Jaén) á xornada formativa "Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e Patrimonio", organizada polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte, Paradores e o Concello de Úbeda.

Ao longo deste curso, as urbes analizarán a relación entre a sostenibilidade e os obxectivos de desenvolvemento sostible, así como as oportunidades derivadas que existen para o turismo patrimonial. Ademáis, analizaránse as mellores prácticas das 15 Cidades Patrimonio Mundial de España e de Paradores, así como doutras empresas líderes en restauración e turismo. O obxectivo será identificar os principais retos que as Cidades UNESCO terán que abordar nos vindeiros anos e da súa aportación á Axenda 2030.

Neste senso, a Axenda 2030 marca 17 obxectivos de desenvolvemento sostible, con 169 metas asociadas, dos que moitos están vinculados directa ou indirectamente co turismo. Específicamente, o turismo cultural ten a capacidade de preservar o patrimonio cultural, poñendoo en valor ao mesmo tempo que garante a mellora das infraestructuras urbanas, a rexeneración de barrios e creando novos espazos que beneficien tanto aos habitantes como aos visitantes.

No caso de Turismo de Santiago, presentará como exemplo de boas prácticas, os traballos vencellados ao Proxecto BODAH, así como a iluminación de Nadal na Alameda.

Compartir: