DEPORTES

Santiago acollerá a Final Four Junior de Hockey, a primeira fase amateur de patinaxe artística, e o primeiro torneo de fúbol sala de Santa Marta

08/04/2022 Compostela acollerá, entre o 9 e o 13 de abril, Final Four Junior de Hockey a patíns, a primeira fase amateur de patinaxe artística, e o primeiro torneo de fúbol sala de Santa Marta, nos que colabora o Concello de Santiago. Presentáronos hoxe a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, Ángel Pérez, da directiva do Hockey Club Raxoi, Santiago Araújo, presidente do Club Santa Marta; e Álvaro Turnes, presidente da Agrupación Deportiva Codima.

Esther Pedrosa sinalou, na súa intervención, que "todas estas probas reflicten a aposta do concello de Santiago polo deporte, en todas as disciplinas, en todos os ámbitos e a todas as idades. Desde aquí quero animar a cidadanía a asistir a estes torneos e a practicar algunha modalidade deportiva".

Hockey a patíns
A Final Four de Hockey a patíns, en categoría junior, terá lugar o 9 e 10 de abril, no Pavillón de Vite, organizada polo Club de Hockey Raxoi . As semifinais terán lugar a partir das dez da mañá do sábado.

Segundo explicou Ángel Pérez, as semifinais do sábado enfrontarán ao anfitrión, o HC Raxoi, coa AC Ordes, ás dez da mañá. A continuación, ás 12:00 h xogarase a outra seminifinal, entre o Deportivo Liceo e o CH Compostela.

O domingo, día 10, ás 17:00 h xogarase o terceiro e carto posto; e ás 19:00 h terá lugar a final.

Patinaxe artística
A primeira fase da categoría amateur de patinaxe artística, na modalidade libre individual, e nas categorías cadete e absoluta, terá lugar o domingo, 10 de abril, no pavillón do Restollal.

No evento, organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club Patinaxe Compostela, competirán, segundo explicou a concelleira Esther Pedrosa, 83 deportistas:

Está previsto que pola maña compitan 39 patinadores/as das categorías xuvenil e absoluta. Xa pola tarde, tocarálle aos cadetes, con 44 patinadores/as, dividindose a competición en cadete de 1º ano e de 2º ano.

Todos eles realizarán un único programa corto con integrativos técnicos obligatorios. Esta competición será avaliada por sistema WHITE coa participación de 3 xuíces que emitirán as súas puntuacións e que definirán a clasificación final en cada categoría.

Fútbol Sala
O Primeiro Torneo de fútbol Sala Santa Marta terá lugar no pavillón do CEIP Cardela Quiroga Palacios os días 11, 12 e 13 de abril, organizado por EDS Santa Marta (Esforzo, Deporte Saúde), AD Codima, CPR Plurilingüe "La Milagrosa" e o CEIP Cardeal Quiroga Palacios. Terá lugar en horario de mañá, de 9:30 h a 14:00 h, a excepción do mércores, día en que se prolongará pola tarde coa celebración das finais en todas as categorías.

Santiago Araújo sinalou que este torneo "naceu da iniciativa das entidades dos centros educativos e dos clubs deportivos do barrio" de Santa Marta, "co obxectivo de fomentar a convivencia e a relación entre as distintas entidades a través do deporte".

Pola súa banda, Álvaro Turnes explicou que neste torneo está previsto que participen 150 nenos e nenas dos colexios "La Milagrosa", Quiroga Palacios, Divino Maestro; e dos clubs de Santa Marta e Codima. "Un torneo organizado para fomentar o deporte no barrio que, esperamos, siga tendo continuidade", subliñou.

Compartir: