ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde coa comunidade de propietarios do edificio situado entre as rúas República Arxentina e San Pedro de Mezonzo

07/04/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un encontro coa comunidade de propietarios do edificio situado na rúa da República Arxentina número 21, que fai esquina coa rúa de San Pedro de Mezonzo, no ámbito do antigo colexio Peleteiro. No encontro tamén tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e técnicos municipais.

Ao remate o rexedor indicou que os veciños querían coñecer de primeira man "o proxecto que se está plantexando e en que términos se está plantexado e creo que se foron moi contentos da solución proposta". En especial, abondou Sánchez Bugallo, "pola ubicación da praza, do centro social e polo feito de que o parking se alonxa bastante do edificio", cuestión que lles preocupaba "porque é un edificio de construción antiga e cunha cimentación escasa".

Esta xuntanza tivo lugar un despois da reunión da Comisión mixta de Peleteiro, na que se presentou o informe dos técnicos municipais. A vindeira reunión está fixada para o día 19 de abril e nela está previsto que participe a empresa propietaria da parcela.

Compartir: