MEDIO AMBIENTE

Xa está en Santiago o galardón obtido polo Carballo de Conxo no certame de Árbore Europea do ano 2022

01/04/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu, de mans do eurodiputado Nicolás González Casares, o galardón obtido no certame Árbore Europea do ano 2022. O candidatura do Carballo de Conxo, impulsada desde o Concello de Santiago, quedou en segundo lugar, con 168.284 votos, a só dez mil do carballo Dunin, localizado en Polonia.

No acto estaban presentes a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; o portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez Brunete; a edil de Compostela Aberta, Branca Novoneyra; e a voceira do BNG local, Goretti Sanmartín.

O obxectivo do Concello de Santiago, que era por en valor o noso patrimonio natural, cumpliuse, xa que a campaña #VotaCarballo recibiu numerosos apoios. Importantes artistas como Tanxugueiras, Luis Tosar, Manolo Rivas, Carlangas de Novedades Carminha, Roberto Vilar, e moitos máis, mobilizaron aos seus seguidores e animáronos a votar polo Carballo do Banquete de Conxo.

O actor compostelán Luis Zahera protagonizou un divertido vídeo que tivo un gran apoio nas redes sociais. Incluso en programas como "La Resistencia" onde David Broncano xunto a Luis Zahera fixeron campaña para pedir directamente o voto polo noso carballo.

E moitos outros programas de televisión de gran audiencia como como Zapeando, Tu tiempo con Roberto Brasero, os informativos de Telecinco e LaSexta, España Directo, Mejor Contigo, Land Rover, Quen anda aí?... E incluso nas ondas radiofónicas tamén tivo espazo en "A vivir que son dos días" con Javier del Pino, "Hoy por hoy" con Carles Francino ou "Julia en la onda" de Julia Otero, estiveron volcados con amplias reportaxes sobre o carballo do Banquete de Conxo.

Ademais, no marco da campaña #1Voto1Árbore o Concello de Santiago marcou como reto, no que se está traballando, de plantar máis de 100.000 novas árbores senlleiras de aqui ao ano 2030.

Compartir: