PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago de Compostela, capital da Economía Social 2022

18/02/2022 A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, anunciou hoxe que Santiago de Compostela será a capital da Economía Social para este ano, tomando o relevo á cidade de Teruel.

Previamente, a ministra comunicáralle a decisión ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que amosou a súa satisfacción pola nova.

"A candidatura da cidade galega á capitalidade foi presentada de forma consensuada polo sector e, sen dúbida, a súa confluencia co Ano Xacobeo, vai ser unha enorme oportunidade para visibilizar a Economía Social española e o seu papel activo para dar solucións innovadoras e sostibles ao reto demográfico", explicou Yolanda Díaz, que fixo o anuncio no acto de constitución do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social, órgano asesor e consultivo sobre esta materia.

Compartir: