IGUALDADE

Minuto de silencio polo falecemento e desaparición de varios tripulantes do pesqueiro "Vila de Pitanxo"

16/02/2022 A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio como mostra de pesar polo falecemento e desaparición de varios tripulantes do pesqueiro "Vila de Pitanxo", en augas de Terranova.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e traballadores/as municipais. O minuto pechouse cun aplauso.

Este minuto de silencio foi o primeiro acto do loito oficial de tres días declarado polo Goberno de Galicia en sinal de dó polas vítimas do naufraxio. Dende esta pasada madrugada e ata o 18 de febreiro, as bandeiras dos edificios públicos ondearán a medio mastro.

Compartir: