XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a xustificación e o pagamento de subvencións por un importe global de máis de 330.000 €

27/12/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno ordinaria do ano, entre os que destacan, ademais da xustificación de 26 subvencións por un importe total de 330.699,33 euros, a concesión da licenza ao Arcebispado de Santiago para a rehabilitación do pavillón historicista e do muro de peche do Mosteiro de San Martiño Pinario. Tamén se concedeu unha licenza á Sociedade Cooperativa Gallega para a construción dunha edificación de cinco plantas no Castiñeiriño.

A Xunta de Goberno aprobou a xustificación dos seguintes convenios de colaboración polos importes correspondentes: Cámara de Comercio, 75.000 €, Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), 3.000 €; Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, 3.000€; Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, 2.000€; Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), 2.992,89 €; Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), 3.000 €; Fundación Monte do Gozo, 45.000€; Sociedade Cooperativa Galega Mercado de Abastos de Santiago,10.000 euros; Asociación de empresarios e profesionais centro comercial aberto Compostela Monumental, 31.000 €; Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central, 30.000 €; Cáritas Diocesana de Santiago, 29.723,33 €; e a Cocina Económica de Santiago, 60.000,00 €.

Tamén se concederon subvencións ás entidades deportivas Federación Española de Luchas Olímpicas y Disciplinas Asociadas e Asociación Special Olympics Galicia por un valor de 8.000 € e 3.500 € respectivamente, e 24.483 € para 12 entidades que contribúen ao fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI e da prevención e loita contra as violencias machistas.

Licenzas

A Xunta de Goberno concedeu ao Arcebispado de Santiago una licenza para rehabilitar o pavillón e o muro de peche do Mosteiro de San Martiño Pinario, cun orzamento de execución material de 797.281,32 €.

Tamén se deu luz verde á licenza para a construcción de 9 vivendas protexidas, 3 unidades de residencial comunitario, 20 prazas de garaxe e 11 rochos na Rúa Estrada, 83. O proxecto, presentado pola Sociedade Cooperativa Gallega, contará cun orzamento de execución material de 560.000 €. Ademais, aprobouse a concesión dunha licenza para instalar un ascensor na Avenida de Lugo 217, cun orzamento de execución material de 66.200 €.

Por urxencia, acordouse prorrogar o contrato de xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano e calesquera outras infraccións nos ámbitos de seguridade, mobilidade, medio ambiente e servizos comunitarios do Concello de Santiago de Compostela coa empresa Servicios de Colaboración Integral para o periodo que se extende desde 2 de xaneiro de 2022 ata o 1 de xaneiro de 2024, por una contía total de 1.353.133,32 €.

Documentos relacionados



Compartir: