EDUCACIÓN
En concreto, desde o 10 de decembro viñéronse realizando obradoiros de manualidades para elaborar decoración para as escolas e agasallos para as familias, ensaios de panxoliñas, bailes e cancións de Nadal e circuítos para favorecer a psicomotricidade.
Como remate a estas actividades, o 17 de decembro na Escola das Fontiñas e o 21 nas de Conxo e de Meixonfrío-Salgueiriños celebrouse a Festa de Nadal, organizada por grupos e por aulas caracterizados para a ocasión, na que se cantaron panxoliñas e se recibiu a visita do Apalpador.
Servizos mínimos de Nadal
Os servizo mínimos de Nadal préstanse do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (ambos incluídos), en horario de 07:30 a 16:00 horas. As actividades programadas pola escolas para este periodo son as seguintes:
• Mércores 23,29 de decembro e 5 de xaneiro: Divertímonos sendo reposteiros.
• Xoves 23 e 30 de decembro: Divertímonos facendo manualidades.
• Venres 24,31 de decembro e 7 de xaneiro: Divertímonos facendo xogos de nadal.
• Luns 27 de decembro 3 de xaneiro: Divertímonos creando obras de arte relacionadas co nadal.
• Martes 28 de decembro e 4 de xaneiro: Divertímonos coa psicomotricidade
As escolas infantís municipais celebraron as actividades de Nadal 2021
22/12/2021 As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños dedicaron este mes de decembro a preparar o Nadal. Nenos e nenas traballaron en diferentes talleres nos que fixeron manualidades coas que agasallar as súas familias e celebraron unha festa de Nadal na que recibiron a visita do Apalpador.
As escolas mantiveron durante este mes a súa programación habitual pero centrada na temática de Nadal. A colaboración das familias foi, como sempre, fundamental para o desenvolvemento das actividades e tamén na campaña de recollida de roupa e comida para os mais desfavorecidos.En concreto, desde o 10 de decembro viñéronse realizando obradoiros de manualidades para elaborar decoración para as escolas e agasallos para as familias, ensaios de panxoliñas, bailes e cancións de Nadal e circuítos para favorecer a psicomotricidade.