CONSORCIO
Na redacción do Plan deberán reflectirse, entre outros aspectos, a importancia de preservar a calidade da paisaxe e do patrimonio edificado, mellorar a accesibilidade desde outros puntos da cidade, ademais dun sistema de xestión e sostibilidade que garanta a protección efectiva da área e os bens que abrangue.
O Plan deberá responder á situación actual do planeamento territorial, urbano e medioambiental que afecta ao ámbito. Ademais, deberá conter un anexo de recomendacións relativas aos seguintes ámbitos, limítrofes ou relacionados coa área PE-1R do PXOM: zonas libres e deportivas do contorno; área 21 contigua, de protección de interese paisaxístico; áreas 19 adxacentes, de protección de augas; áreas 15, de protección ordinaria; áreas do contorno afectadas polas ordenanzas 3, 3A, 5, 6, 10 e 11. E, así mesmo, os encontros co ámbito do PE-4R, Plan Especial de Protección, Mellora Medioambiental e Acondicionamento do Curso Fluvial do río Sar no treito Conxo-A Rocha; as áreas de infraestruturas, área 21; zonas de uso industrial, SUND-41; PP SUNP 15 AD 3-07-98; e estrada periférica de Santiago.
O conxunto do mosteiro de Conxo está declarado Ben de Interese Cultural pola súa excepcional calidade arquitectónica e valor histórico e está incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO xunto coa Cidade Histórica de Santiago. Así, o Plan Director terá como finalidade guiar as intervencións de mantemento, conservación, consolidación, restauración e rehabilitación, e trazar o perímetro da área de amortecemento do conxunto Patrimonio Mundial; co obxecto de manter a integridade do ben patrimonial -o seu Valor Universal Excepcional (VUE)-, buscando a súa sostibilidade.
O Consorcio de Santiago licita a redacción do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo por 201.770,76 €
21/12/2021 As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O Consorcio de Santiago acaba de licitar a redacción do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo; incluíndo os seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos do contorno (PE-1R), co ámbito delimitado polo vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal. O importe global do contrato ascende aos 201.770,76 euros. As persoas e empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de xaneiro para presentar as súas ofertas. Unha vez adxudicado este servizo, prevese un período de execución de 24 meses.Na redacción do Plan deberán reflectirse, entre outros aspectos, a importancia de preservar a calidade da paisaxe e do patrimonio edificado, mellorar a accesibilidade desde outros puntos da cidade, ademais dun sistema de xestión e sostibilidade que garanta a protección efectiva da área e os bens que abrangue.