ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2021

17/12/2021 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron neste 2021.

Durante o acto recolleron a súa distinción Manuela Arcos Caamaño, José Ramón Barreiro Farto, Manuel Castiñeiras Del, José Manuel Ces García, Elisa da Costa Pallares, José Espantoso Rey, José García Bello, Alberto González González, Aniceto Leste Giadáns, Luis Alberto López García, Antonio Martínez Mourelos, Juan Mosquera González, Eugenio Rey Huerta, José Manuel Sampedro Alcalde, José Amado Santos Vicente, José Antonio Suárez García, José Luis Vázquez Barral e José Manuel Vázquez Santamarina.

Aínda que non asistiron ao evento, tamén se xubilaron este ano Antonio Barba Pereira, María Eugenia Bouzón Salgado, Ángela Cabo Pérez, Rosa María Iglesias Romero e Josefa Saavedra Botana.

Tamén se lle rendeu homenaxe aos compañeiros falecidos neste ano: Esther Álvarez Hermida, María Luisa García González, Francisco García Novais, José Ángel Marcote Villar e Guadalupe Vispo Caamaño.

Pechou o acto o alcalde, que agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo e dedicación durante a súa vida profesional ao servizo da cidadanía e do Concello. Asistiron tamén os voceiros dos grupos municipais e varios concelleiros e concelleiras da Corporación.

Compartir: