INFORMÁTICA

O Concello pon a disposición da cidadanía un correo electrónico provisional mentras non se recupera o servidor principal

14/12/2021 O departamento de Informática está traballando desde o pasado venres na recuperación do servidor de correo electrónico do Concello de Santiago. Un fallo no programa deste servidor colapsou as bases de datos onde se almacena a información das persoas usuarias e, neste momento, a maioría dos correos electrónicos do Concello de Santiago non funcionan. Mentras non se subsana esta incidencia, o Concello pon a disposición da cidadanía un enderezo de correo electrónico provisional: gabinete.alcaldia@santiagodecompostela.gal.



Compartir: