ACCION CULTURAL

O Concello de Santiago condena e rexeita o acto vandálico contra a estatua de Federico García Lorca

11/12/2021 O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita as pintadas realizadas na estatuta de Federico García Lorca, situada nas escaleiras do Paseo da Ferradura, na Alameda compostelá. A policía está realizando un informe e esta mesma tarde unha restauradora intentará limpala.

Desde o concello de Santiago, considérase que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha cidade como Compostela, caracterizada polo respecto á diversidade e á igualdade.

A estatua adicada ao poeta e dramaturgo Federico García Lorca inaugurouse o 25 de outubro do ano 2020, coincidindo co día de Lorca en Galicia. Esta situada no paseo da Ferradura, baixando a escaleira de Santa Susana. Esculpíuna Álvaro de la Vega, co mono azul que utilizaba nas xiras coa compañía da Barraca, e mirando cara a estatua de Rosalía de Castro, a súa admirada poetisa.

Compartir: