EDUCACIÓN

Publicada a listaxe de persoas admitidas no Programa de Conciliación de Nadal no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

09/12/2021 Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Conciliación de Nadal no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, hoxe publícase o listado de persoas admitidas.

O programa conta con 60 prazas, dirixidas a menores de entre 4 e 12 anos (36 son para nenos e nenas de 4 a 6 anos; e as 24 restantes para a cativada de entre 7 e 12 anos), que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela. Para poder inscribirse é necesario estar dado de alta no espazo educativo María Miramontes.

As datas de realización son: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022; e o horario é de luns a venres de 7:45 h. a 15:00 h. Igual que no programa de conciliación dos CEIP, establécense tres quendas a escoller: completa, cos 12 días; mes de decembro e mes de xaneiro.

Documentos relacionados



Compartir: