XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a ampliación, ata o 10 de decembro, do prazo de xustificación das subvencións para o fomento do deporte federado

19/11/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou a ampliación do prazo de xustificación establecido nas bases da "Convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado", definindo como nova data límite o 10 de decembro.

O total de expedientes presentados ao abeiro desta convocatoria é de 52, sendo necesario requirir a moitas das entidades que procederan á subsanación de documentación polo que non puideron analizarse as solicitudes para a súa valoración ata a segunda semana do mes de novembro. Por este motivo, aprobouse a ampliación do prazo de xustificación (fixado nun principio ata o 20 de novembro) ata o 10 de decembro.

Compartir: