EMPREGO

O Foro Talentia Summit ‘21 encherá mañá a Cidade da Cultura de talento e creatividade

17/11/2021 O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá mañá xoves, 18 de novembro, o Foro Talentia Summit ‘21 de 09.00 h a 13.30 h. Yolanda Vázquez será a condutora dun acto que contará coa presenza de Alberto Núñez Feijóo - presidente da Xunta de Galicia-, Pilar Alegría - ministra de Educación e Formación Profesional- e Xosé S. Bugallo - alcalde de Santiago de Compostela, e coa participación de 8 conferenciantes de prestixio.

Tras 4 días desde o inicio do Talentia Summit ‘21, a feira virtual dá paso ao maior encontro de talento e emprego en formato híbrido. O Foro Talentia 2021 terá lugar mañá, xoves 18 de novembro, de 09.00 h a 13.30 h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. A menos de 24 horas da inauguración da xornada, quedan dispoñibles as últimas localidades para reservar a través do portal web.

O Foro volve estar aberto ao gran público trala pasada edición, na que se realizou unha difusión do acto exclusivamente por streaming. A seguridade estará reforzada e implementaranse todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.

O Foro Talentia 2021 será inaugurado por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Pilar Alegría, ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España; e Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela. A proposta desta edición reúne a referentes do talento en diferentes áreas: marketing, formación, novas tecnoloxías, retail e deporte, entre outras:

- Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations - Telefónica IoT & Big Data
- David Meca, 28 veces campeón do mundo de natación
- Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
- Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
- Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
- Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
- Pau Gacía Milá, Emprendedor de éxito - Innovator of the Year by MIT's TR-35
- Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca

O talento artístico terá a súa representación neste encontro a través da música do pianista Javier López Jorge acompañado de María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo.

A organización convida a reservar as últimas butacas dispoñibles e tamén informa de que a xornada se poderá seguir por streaming a través da web de Talentia Summit.

Compartir: