ALCALDÍA

Visita institucional da ministra de Educación, Pilar Alegría

17/11/2021 A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, visitou esta tarde o Concello de Santiago, onde foi recibida polo alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e polos voceiros dos grupos municipais socialialista, Sindo Guinarte, e do BNG, Goretti Sanmartín, así como polos concelleiros Ramón Quiroga (PP) e María Rozas (CA). Tamén estivo presente o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

A ministra, que se atopa en Santiago para participar mañá no acto de inauguración do Foro Talentia Summit'21, que se celebrará ás 9.15 horas no edificio Fontán da Cidade da Cultura, asinou no Libro de Honra da Cidade e mantivo un encontro co rexedor e cos concelleiros.

Compartir: