POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Un total de 35 finalistas aspiran a gañar os V Premios Youtubeiras na gala de entrega presentada por Tanxugueiras

16/11/2021 O xurado, constituído por Fernando Ramallo, Adrián Lede, Noemí García, Sonia Méndez e Esther Estévez, escolleu como finalistas na categoría de Youtubeira/o a Olanxonmario, Neeumátiko e Cousxs. Os dous primeiros tamén aspiran a levar a galardón de Canle, xunto a O Son das ideas. Youtubeiras recupera neste 2021 a gala presencial, que este ano se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) o venres 26 ás 20.00 h. Os convites para asistir como público están dispoñibles dende hoxe e poden conseguirse a través de www.abilleteira.concellodeames.gal

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para as súas doce categorías. En total, 35 propostas disputaranse os galardóns desta quinta edición e as persoas gañadoras daranse a coñecer o próximo venres 26 de novembro. Ese día, ás 20.00 h, a casa da cultura de Bertamiráns (Ames) acollerá a gala de entrega dos Premios Youtubeiras, que presentará o grupo Tanxugueiras. Desta quinta edición dos galardóns, a organización destaca dous trazos fundamentais comúns dos vídeos e canles participantes nesta edición: un "notable aumento na calidade técnica e de contidos" e "unha importante ampliación das temáticas tratadas". Os videoblogs, os deportes, as viaxes, a identidade, a sexualidade, a cociña, os xogos e a música son os principais asuntos que se abordan con máis regularidade entre as youtubeiras e youtubeiros, que constitúen unha "comunidade en pleno proceso de expansión e consolidación". Explicouno así Carme Pereiro, coordinadora dos Premios Youtubeiras, na conferencia de prensa para presentar a gala e anunciar a relación de finalistas, na que tamén participaron Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames; María Muíño, deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, e o grupo Tanxugueiras.

Deliberacións do xurado
O xurado, constituído polo sociolingüista Fernando Ramallo, o xornalista Adrián Lede, a profesora de lingua galega Noemí García, a realizadora e directora do Carballo Interplay Sonia Méndez e Esther Estévez, xornalista e responsable do #DígochoEu da Televisión de Galicia, reuniuse en Pontevedra a semana pasada para escoller a relación de finalista en once das doce categorías, xa que o Premio do Público vén determinado polos votos emitidos polos/as internautas nas redes sociais de Youtubeiras. Segundo a acta, o xurado valorou positivamente tanto "a cantidade como a calidade" das canles presentadas e tamén salientou "a existencia dunha comunidade asentada de referencia para o Youtube en lingua galega".

As deliberacións do xurado determinaron que Olaxonmario, Neeumátiko e Cousxs sexan as finalistas do Premio Youtubeira/o 2021. Os dous primeiros, ademais, aspiran xunto a O Son das Ideas a facerse co galardón á canle. Na categoría de vídeo, os finalistas son: Por que non entendo o portugués? Co @Portuguese whit Leo, vídeo de Olaxonmario; A nova bomba de Tanxugueiras, vídeo de Cousxs, e Educación franquista, vídeo de Pradorua. Estes tres galardóns contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto de categorías é de 500. Para o Premio do Público, os finalistas son: Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia, da canle Orgullo Galego; Amemos o noso, de Xabi Gómez, e El cuarteto de IBAI" - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA), Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola.

As propostas que acaparan o maior número de finalistas son as seguintes: Olanxonmario aspira en total a facerse cos premios en cinco categorías (canle, youtubeira, vídeo, impacto e creatividade). A catro galardóns opta Neeumátiko (canle, youtubeira, calidade lingüística, impacto) e tamén Cousxs (youtubeira, vídeo, calidade lingüística e premio musical). O Son das Ideas pelexa por tres premios (canle, técnica e creatividade).

Pola súa banda, o grupo Tanxugueiras ten un duplo protagonismo nestes Premios Youtubeiras, xa que ademais de protagonizar o vídeo finalista de Couxas, presentará a gala de entrega do vindeiro venres 26 de novembro. Dende Tanxugueiras, sinalaron esta mañá ante os medios que a gala será neste 2021 eminente musical sen querer adiantar moitos máis detalles para sorprender o público que acuda á casa da cultura de Bertamiráns. Tanxugueiras unirase así a, Iria Ponheiro, Patricia de Lorenzo ou a compañía teatral A Panadaría na lista de artistas e formacións que nos últimos anos presentaron a gala dos Premios Youtubeiras.

Relación de finalistas por categorías
1. PREMIO CANLE
O Son das Ideas: https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

2. PREMIO YOUTUBEIRA
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko
Cousxs:https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA

3. PREMIO VÍDEO
Por que é que non entendo o portugués? Co @Portuguese With Leo (vídeo de Olaxonmario):https://www.youtube.com/watch?v=eTgMtKL6xjU

A nova bomba das Tanxugueiras (vídeo de Cousxs):
https://www.youtube.com/watch?v=7i4bL3JMew4

Educación franquista (vídeo de Pradorua):
https://www.youtube.com/watch?v=IHnRDoUFQEo&t=11s

4.PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko
Cousxs: https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA
Esbardalhando:https://www.youtube.com/channel/UC-wZ4BGhn2j6_C8TAbgsIQw

5.PREMIO IMPACTO
Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila
Olaxonmario:https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

6.PREMIO CALIDADE TÉCNICA
Toxío: https://www.youtube.com/c/TOX%C3%8DO
O Son das Ideas:https://www.youtube.com/results?search_query=o+son+das+ideas
Xacobo de Toro: https://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n

7.PREMIO COMUNICACIÓN
AstroXabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A
Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila
Un rapáTRANSquilo FTM. :https://www.youtube.com/channel/UC6-Bv4wAeqG0fosD0DH8HHw

8.PREMIO CREATIVIDADE
Cousas RarísimASMR: https://www.youtube.com/channel/UC59LurczeXkyHRdBkkAePTg
O Son das Ideas: https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario

9.PREMIO MUSICAL
Cousxs:https://www.youtube.com/watch?v=vUjuYUMCXks
FØ Records:https://www.youtube.com/channel/UCjGf34aYEiKmZJQR23AYGzw

10. PREMIO DIDÁCTICO
Xacobo de Toro:https://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n
O Son das Ideas:https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

11. PREMIO PIONEIRO
Recuncho Gamer:https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig
Pingando: https://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA
Astroxabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A

12. PREMIO DO PÚBLICO
Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia; da canle Orgullo Galego:https://www.youtube.com/watch?v=cn5u-Hqbbac

Amemos o noso de Xabi Gómez:https://www.youtube.com/watch?v=EJQVaZzgAD0

"El cuarteto de IBAI" - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA) | Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola.: https://www.youtube.com/watch?v=XIn3btCuIoo

Compartir: