CONSORCIO

Xuntanza da Comisión Executiva do Consorcio

12/11/2021 A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde de Santiago e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un xuntanza esta mañá na súa sede.

Durante a reunión abordáronse varios asuntos de trámite administrativo. En particular, aprobouse o convenio para poder comezar a implantación da Administración Electrónica. Ademais, tratáronse as liñas xerais do Presuposto de 2022, que se aprobará no Consello de Administración de decembro.

Compartir: