DEPORTES

O campo de fútbol do Sergas levará o nome de Suso Moure

09/11/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde o campo de fútbol do Sergas, acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa. O rexedor anunciou que o recinto deportivo levará o nome de Campo de fútbol Pena María-Suso Moure.

Suso Moure foi un destacado xogador de fútbol, integrante da S. D. Compostela, un importante activo do equipo cando ascendeu a primeira división, a principio da década dos 90.

O alcalde puido comprobar como quedou o campo, despois dos traballos de renovación do céspede sintético, aos que se destinaron 488.432 euros.

Na visita tamén estiveron presentes o presidente do Amio S.D., José Manuel Iglesias; e Pablo Montero, da directiva do C.F. Vitoria, os dous equipos que xogan neste campo.

Compartir: