DEPORTES

Recepción ao Compostela Judo Club

08/11/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta tarde, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a unha representación do Compostela Judo Club, encabezada polo seu director, Javier Rial. No acto tamén estaban presentes a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Branca Novoneyra e Xan Duro, edís de Compostela Aberta; e a voceira do BNG local, Goretti Sanmartín.

O Compostela Judo Club, fundado no ano 2002, é un centro deportivo familiar que conta con profesores cualificados para distintas actividades deportivas, aparte do judo, entre elas pilates ou defensa persoal. Este centro suma máis de 350 licenzas deportivas, entre as que se atopan campións e subcampións de España; así como medallas de bronce. Á recepción aistirion:

- Lucia Riveiro, medalla de ouro no Campionato galego
- Lucas Santamaría, medalla de prata no Campionato galego
- Noé González, medalla de prata no Campionato galego e bronce na Copa de España Internacional
- Martina Rial, prata no Campionato galego e bronce na Copa de España Internacional
- Pablo Cariñena, bronce no Campionato galego e subcampión galego na Copa de España Internacional
- Antía Quintela, medalla de Bronce no campionato galego
- Alejandro Prado, participante no Campionato Galego
- Nico Cereijo, participante na Copa de España Internacional

No encontro, o alcalde felicitounos e interesouse por como adestraron estes últimos meses, tendo en conta que aínda estamos en postpandemia e que o iudo é un deporte de contacto. Javer Rial destacou as estritas medidas de seguridade e de illamento que teñen que seguir nos campionatos. O compostela Judo Club recibiu recentemente a insignia da plata da Federación Galega de Iudo polo seu labor pedagóxico e pola promoción deste deporte.

Compartir: