EMPREGO

O servizo gratuito de limpieza de pintadas en carpinterías de edificios do casco histórico xa supera as 25 solicitudes

06/11/2021 O servicio gratuito de limpieza de pintadas en carpinterías de edificios do casco histórico, que puxo en marcha o concello de Santiago a pasada semana, xa supera as 25 solicitudes que afectan a máis de 75 elementos. Ata o de agora resolvéronse dez delas, cun balance de 28 elementos limpados e/ou pintados.

Co obxectivo de combater o feísmo dos graffitis en portas e ventás do casco histórico, o Concello oferta á veciñanza un servicio gratuito de limpieza de carpinterías (portas, portalóns e fiestras) dirixido ao control integral das pintadas vandálicas realizadas na cidade, e á súa eliminación.

Esta iniciativa é a resposta ao aumento do fenómeno urbano das pintadas e grafitis detectados nos últimos anos en Santiago. Ante os danos contra o patrimonio, considerouse necesario a elaboración dun plan de actuación que derivou nese servizo de limpeza. Para poder acollerse a este programa, só hai que cumprimentar un impreso en nome do propietario ou da comunidade do edificio con portas ou ventas pintadas. A continuación, os empregados municipais acudirán a inspeccionalo e posteriormente procederase á limpeza do graffiti ou no seu caso ao repintado, cando as tintas ou productos químicos utilizados para a realización do garabato sexan difíciles de eliminar.

Desde o Concello ponse a disposición da cidadanía un teléfono de contacto, o 618 509 278; ao que poden dirixirse para solicitar información. Tamén se habilitou un correo electrónico, no que se recollen as solicitudes de limpeza, que é: limpezapintadas@santiagodecompostela.gal

Compartir: