EDUCACIÓN

Asinado o convenio de colaboración entre o concello e a USC, para a divulgación do "Programa universitario de maiores IV ciclo"

06/11/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo asinou co reitor da USC, Antonio López, o convenio para a divulgación do "Programa universitario de maiores IV ciclo", para as que se recolle unha achega de 1.000 euros. En concreto, o citado convenio ten por obxecto sufragar os custos do deseño, impresión e distribución de material divulgativo, destinado as persoas participantes, tanto no proxecto "Destacando na Ciencia", como no programa de cuatro ciclo.

O "Programa universitario de maiores IV ciclo" conta co distintas actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe e a interdisciplinaridade no ámbito da educación non formal. Tanto o concello de Santiago como a USC consideran moi conveniente a colaboración mutua co obxecto de mellorar a participación nos procesos formativos do colectivo de persoas maiores, de cara a responder ás súas necesidades e expectativas. Por iso, entre os obxectivos deste programa figuran:

-Promover a incorporación de alumnado maior de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que respondan ás necesidades e expectativas deste colectivo social.

-Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo de toda a vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores.

-Posibilitar que as persoas maiores compartan e desenvolvan iniciativas docentes e de extensión cultural, propias do contexto social e institucional universitario, adoptando os criterios organizativos, normativos e metodolóxicos que cumpran para alcanzar ese fin.

Compartir: