EDUCACIÓN

Celebración do Magosto e do Samaín nas Escolas Infantís Municipais

03/11/2021 A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela, integrada polos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío- Salgueiriños organizaron, dentro da súa programación anual, as actividades relacionadas co Magosto e co Samaín, nunha semana na que as escolas permaneceron "terrorificamente" decoradas.

Un dos obxectivos destas actividades é, precisamente, traballar os costumes e valores tradicionais da nosa cultura. Para iso empréganse diferentes estratexias metodolóxicas, como a realización de murais con diferentes técnicas plásticas, e a lectura de contos relacionados co tema do Magosto e do Samaín.

As actividades desenvolvéronse durante a última semana de outubro. As familias tamén participaron aportando as súas cabazas decoradas para as exposicións situadas nas entradas das escolas.

O programa rematou cunha festa na que os nenos e nenas disfrazados poideron participar en sesións de contacontos, degustación de castañas, teatro de sombras, visitas as expo- cabazas e ao museo do outono, e xogos con follas secas.

Compartir: