POLÍTICAS DE IGUALDADE

O Concello de Santiago súmase ao "Día Europeo contra a trata de persoas"

18/10/2021 "Se non mercas non hai trata". É o lema deste 18 de outubro, o "Día Europeo contra a trata de persoas", ao que o concello de Santiago se sumou cun punto de información na Praza do Toural, que visitou a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón.

A trata de seres Humanos supón unha secuela social cada vez maior. A ONU estima que a trata de persoas move anualmente entre 5 e 7 billóns de dólares, e uns 4 millóns de persoas vense desprazadas dun país a outro. Dentro dos delitos máis rendibles, atópanse o narcotráfico e a trata de persoas, que representa un 1,5% do PIB a escala mundial.

A ONU estima que hoxe os nenos e nenas representan 1/3 das vítimas detectadas. De cada 3 menores vítimas, 2 son nenas e 1 é neno. Todos estes datos están no documento "Fronteras europeas y Prostitución: Nuevos retos para los Sistemas de Protección de la Infancia en Exilio", de Margarita Escobar Cantero, da Universidade Autónoma de Madrid.

Un documento no que tamén se destaca que o 62% das mulleres foron iniciadas na prostitución sendo menores de idade. Segundo Nacións Unidas, España é un dos principais países de destino de vítimas de trata con fines de explotación sexual." O estudo recorda que "a prostitución resulta un crime contra a dignidade da persoa, desposuíndoa do seu desexo sexual entre outras liberdades e dereitos. As mulleres, nenas e nenos prostituídas sofren violencia sexual, física e psicolóxica, asasinatos, de orixe machista e de abuso de poder".

Pero o informe deixa outros datos preocupantes. Neste momento hai algo máis de 13.000 nenos migrantes non acompañados vivindo no noso país baixo tutela das comunidades autónomas. Estas cifras constitúen as máis elevadas para España desde que se constituíu en país receptor de inmigración. Trátase de nenos que chegan sen a compañía dun adulto responsable deles. Nenos que deixan o seu país por falta de futuro ou fuxindo da violencia. Menores que proceden maioritariamente de Marrocos (68%), Guinea Conakry (8,4%), Alxeria (5,2%), Malí (4,5%) e Costa do Marfil (3,5%). Nenos e nenas que necesitan protección e aos que o Estado español debe protexer.

O estudo, baseandose en datos de 2015, tamén alerta que hai uns 10.000 menores non acompañados, que por distintas circunstancias, están desparecidos ou non hai rastro deles nos sistemas europeos de Protección de Menores ou Asilo. Existe o temor que de os contrabandistas que os axudan a cruzar a fronteira estean pondo a moitos deles en mans de traficantes de persoas. Eses menores poden acabar empuxados á prostitución ou traballando en condicións de escravitude.

Para o concello de Santiago, combater a trata de seres humanos é unha prioridade. Por iso recorda que "Se non mercas, non hai trata".

Compartir: