ACCION CULTURAL

A exposición "A Catedral de Santiago ao descuberto" inaugurada hoxe, poderase ver en 11 barrios e aldeas compostelás

05/10/2021 A Praza Aurelio Aguirre; o adro da igrexa de Figueiras; e o exterior do Centro Sociocultural de Marrozos acollen, ata o 10 de outubro, a exposición itinerante ‘A Catedral de Santiago ao descuberto’. Integrada por 40 fotos repartidas en 10 paneis, foi inaugurada hoxe en Conxo. No acto estiveron presentes a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, o autor das fotografías, Adolfo Enríquez; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico do Museo da Catedral.

‘A Catedral de Santiago ao descuberto’ é unha mostra financiada polo Concello de Santiago, que combinan imaxes actuais da Catedral con outras realizadas antes da rehabilitación do monumento. Os textos que acompañan á exposición, realizados por Ramón Yzquierdo Peiró, permiten comprender mellor o alcance das accións de restauración levadas a cabo no conxunto monumental.

As instantáneas da exposición son obra do fotógrafo Adolfo Enríquez, que confrontando fotografías realizadas ao longo dos últimos anos con imaxes da súa última reportaxe, o máis extenso ata a data do conxunto catedralicio rehabilitado, mostra elementos artísticos ata o de agora ocultos ou deteriorados.

Desde o pasado 27 de setembro e ata o próximo 24 de outubro, a exposición ‘A Catedral de Santiago ao descuberto’ preséntase semanal e simultaneamente en 3 barrios composteláns. Son:

Do 3 ao 10 de outubro

-Conxo (Praza Aurelio Aguirre)
-Figueiras (adro da igrexa)
-Marrozos (exterior Centro Cívico)

Do 10 ao 17 de outubro

-Aríns (exterior Centro Cívico)
-Vista Alegre (Rúa de Tras Santa Isabel)
-Sar (adro da Colexiata de Sar)

Do 17 ao 24 de outubro

-Fontiñas (Parque de Carlomagno)
-As Cancelas (Parque das Cancelas)

Do 27 de setembro ata o 4 de outubro puidose ver no adro da igrexa do Castiñeiriño; no exterior do Centro Sociocultural de Villestro; e nos arredores do palco da música, en Lavacolla.

Compartir: