OBRAS

Arranca a fase do formigonado nas obras de Concheiros

31/08/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde as obras de Concheiros, que entran hoxe na fase de formigonado, acompañado polo concelleiro de Obras, Javier Fernández, e pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Unha vez realizada a etapa de reposición de servizos, arranca agora o formigonado, co que se espera que "os veciños comecen a notar unha maior facilidade nos accesos", sinalou o rexedor. O alcalde lembrou que se manexa a data do 10 de setembro para que a circulación se poida ir normalizando.

"Agora xa se empeza a ver o final dunha obra moi complexa que se está executando en tempo récord", sinalou Sánchez Bugallo, "xa que segundo o proxecto inicial a previsión é que durara 18 meses e levamos apenas 8 e xa se está vendo como vai quedar o final". O rexedor lembrou que "previsiblemente, estará rematada en novembro". Lamentou as molestias ocasionadas á veciñanza pero "comprobamos tamén como os veciños ven con satisfacción como a obra comeza a coller forma e as incomodidas se empezar a reducir".

Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, recalcou o complexo da actuación e fixo fincapé en que "día a día se vai avanzando" para minimizar as molestias e dar solución aos habitantes e aos colexios da zona.

Compartir: