CENTROS SOCIOCULTURAIS

Paseos, música e baile, últimas actividade programadas para o mes de xullo no marco do programa Vive o Verán 2021

28/07/2021 O programa Vive o Verán 2021, organizado pola rede de centros socioculturais, remata o mes de xullo con paseos, taichi, música e baile. Agosto será un mes de descanso, pero as actividades retornarán de novo en setembro.

"Vive o Verán 2021", é un proxecto lúdico-educativo que programou, para os meses de xuño, xullo e setembro 225 actividades divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativadas e adultos. En total ofértanse 2.160 prazas nos centros socioculturais urbanos; ás que se suman outras 200 nos do rural.

Estas son as actividades programadas para esta semana, a través do programa Vive o Verán 2021.

Xoves 29
10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC de Conxo.
10:30 h. Paseos de Barrio. Saída do CSC de Santa Marta.
17:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Campus Sur (CSC do Ensanche).
18:45 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Romaño (CSC do Romaño).

Venres 30
12:00 h. Matinais de xullo no Cotaredo. Música "Tic, tac, toc", con Pablo Díaz.
12:00 h. CSC de Laraño. "Pílulas de baile". Aula aberta de baile tradicional ao aire libre.

A estas actividades súmanse, durante toda a semana, os obradoiros e actividades relacionados coa informática que se celebran no CSC do Ensanche, baixo a denominación de "Navegamos no Ensanche". E o grande xogo do bosque do Banquete de Conxo, de luns a vernes, para toda a familia, con saída desde o CSC Aurelio Aguirre.

Compartir: