CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no programa Mañás de Verán e de Xogo e nos obradoiros das escolas infantís

08/06/2021 Hoxe publícase o listado de prazas adxudicadas e reservas para as actividades Mañás de Verán nos centros socioculturais urbanos e Mañás de Xogo nos centros socioculturais do rural, que terán lugar en xullo deste ano.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para a participación na actividade Mañás de Verán nos centros socioculturais urbanos e Mañás de Xogo nos centros socioculturais do rural INFÓRMASE da situación das prazas despois do sorteo realizado o 3 de xuño:

Formalización/pagamento: do 14 ao 23 de xuño empregando o resgardo do pago da actividade e a documentación no csc onde se obtivera a praza.

Apertura de novo prazo para cubrir as vacantes nos centros socioculturais do rural: a partir do 9 de xuño ás 9.00 horas e ata cubrir as prazas vacantes nas Mañás de Xogo nos csc de:
A Gracia- 2 prazas para segunda quincena
Figueiras- 5 prazas para o mes completo e 1 praza para a primeira quincena
A Lavacolla- 3 prazas de mes completo,1 praza para primeira quincena
Marrozos- 5 prazas para a primeira quincena.
Nemenzo- 1 praza para o mes completo e 2 prazas para a primeira quincena
Villestro- 8 prazas para o mes completo

As vacantes cubriranse por rigorosa orde de presentación do formulario da inscrición na conserxería da Casa das Asociacións de Cornes (rúa de Manuel Beiras 3,teléfono 981.542350,) en horario de 9 a 14h e de 17 a 21h.

Listado definitivo de admitidos nos obradoiros de verán das escolas infantís
Hoxe tamén se fai pública a relación definitiva de admitidos, excluídos e lista de agarda nos obradoiros de verán 2021 das escolas infantís municipais, que se pode consultar no enlace ao pé da información.

Compartir: