EDUCACIÓN

OBRADOIROS PARA A CONCILIACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

04/05/2021 OBRADOIROS PARA O CURSO 2022-2023 NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS
Os obradoiros teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal nos períodos extraescolares. Así as escolas infantís municipais convértense nun lugar de encontro para nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria cunha proposta diferente e lúdica, rompendo coa rutina do curso escolar e ofertando unha serie de actividades ós máis pequenos/as que permitan ás súas familias seguir cumprindo cos compromisos laborais.

Dstinatarios
Nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou sen estar empadroados cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º curso de educación primaria).

Datas de realización
Os obradoiros desenvolveranse durante o curso escolar 2022-2023, de acordo co calendario escolar da Xunta de Galicia, que propón que:
• Primeiros días de setembro: do 1 ao 7 de setembro de 2022
• Vacacións Nadal: do o 23 de decembro do 2022 ao 5 de xaneiro de 2023
• As vacacións de Entroido: os días 20,21 e 22 de febreiro de 2023
• As vacacións de Semana Santa: do 03 ao 10 de abril de 2023
• Ultimos días de xuño: do 22 ao 30 de xuño de 2023

Solicitude de obradoiros
As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla " inscrición nos obradoiros das escolas infantís municipais" dentro do catálogo de trámites dispoñible.

O prazo de presentación de solicitudes do procedemento de reserva de prazas dos nenos/as matriculados neste curso escolar 2021-2022, e dos/as fillos/as dos/as traballadores/as das E.I.M de Conxo, das Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños será entre os días 26 e o 29 de xullo de 2022 (ambos os dous inclusive).

Os fillos/as dos traballadores/as de acordo co disposto na lei 39/1999 do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral da persoas traballadoras, poderán dispor destas prazas aínda que non cumpran os requisitos do Padrón, sempre e cando a súa estadía na escola se corresponda co horario laboral na escola do seu pai/nai.

Unha vez rematado este período de presentación e revisadas as reservas de praza se procederá á exposición pública das prazas vacantes por escolas o día 02 de agosto de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 03 de agosto ao 10 de agosto de 2022.

As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:
1. As de nenos/as con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.
2. As de nenas/os con irmán ou irmá matriculado na escola infantil municipal.
3. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo en base ao establecido na Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2022/23.
O impreso de solicitude estará dispoñible, xunto coa información complementaria, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, e na páxina web municipal www.santiagodecompostela.gal

Toda a información no documento adxunto.

Compartir: