IGUALDADE
Os convites para esta cita poderanse retirar desde o día 10 de marzo, ás 18.00h, na taquilla do Teatro Principal de Santiago de Compostela (concierto de acceso libre ata completar a capacidade do recinto).
SOBRE A ARTISTA
"O meu nome é Xoana e cos meus 22 anos estou inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada a lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios".
A cantante Xoana anima a celebración das xornadas do 8-M Artellando Feminismo 2021 cun concerto este venres
11/03/2021 A cantante Xoana animará a celebración dos actos do 8-M, Día Internacional da Muller, en Santiago de Compostela. O seu concerto o venres 12 de marzo, ás 20.00h, no Teatro Principal, porá o peche dourado á primeira semana de actos das xornadas Artellando Feminismo 2021, organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela ao longo do mes de marzo.
Xoana é a impulsora dun proxecto musical persoal que pretende pór en valor a lingua galega a través de estilos como o jazz, o funky ou o reggae. A súa voz será a responsable de celebrar por todo o alto e reivindicar o 8-M ao vivo, nunha sesión musical cargada dunha enerxía postiva fresca e actual, coa interpretación dos temas do seu primeiro disco Dardos, finalista ao mellor álbum en galego nos Premios de la Música Independiente (MIN) 2019.Os convites para esta cita poderanse retirar desde o día 10 de marzo, ás 18.00h, na taquilla do Teatro Principal de Santiago de Compostela (concierto de acceso libre ata completar a capacidade do recinto).