CONVENIOS
O orzamento global para o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche ascende a 224.102,73 euros, dos que a Deputación achega 120.000 euros (o 53,55%). Este equipamento conta cun punto de recepción e información, aula de novas tecnoloxías, espazo de lectura e encontro, zona wifi, biblioteca infantil e xuvenil e zona expositiva; e nel desenvólvense actividades de todo tipo: cursos formativos de carácter anual (club de lectura, de xadrez, de teatro infantil e de adultos) e trimestral (cidadanía dixital, club de creación dixital, introdución ás redes sociais, informática para nenos e nenas, etc), así como múltiples obradoiros de temática diversa. Para o correcto desenvolvemento das mesmas conta con 4 uxieres, 2 animadores socioculturais e 1 auxiliar administrativo.
No que respecta aos centros socioculturais do rural, a achega da Deputación (80.000 euros) supón o 45,71% do gasto total, que ascende a 175.000 euros. Con este orzamento finánciase, fundamentalmente, o persoal necesario para o desenvolvemento dos programas de animación e dinamización dixital, de educación e formación permanente e os programas estacionais habituais como "Vive o verán", "12 doces de outono" ou "Vive o Nadal" nos centros de Villestro, A Gracia, Laraño, Lavacolla, Verdía, Bando, Figueiras, Marrozos, O Eixo, A Rocha, Busto, Marantes, Grixoa, A Peregrina, Enfesta, Nemenzo, Santa Cristina de Fecha e A Gracia.
A Deputación da Coruña achega 200.000 para o financiamento de actividades no Centro Sociocultural do Ensanche e nos do rural
10/03/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron os convenios de colaboración en virtude dos cales a institución provincial achega 120.000 euros para cofinanciar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche e 80.000 para o programa de actividades dos centros socioculturais do ámbito rural durante o ano 2020.
Con esta sinatura, que tivo lugar na Deputación da Coruña, mantense a colaboración entre ambas institucións para o mantemento dos centros socioculturais composteláns, neste caso o do Ensanche e os ubicados no ámbito rural da cidade.O orzamento global para o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche ascende a 224.102,73 euros, dos que a Deputación achega 120.000 euros (o 53,55%). Este equipamento conta cun punto de recepción e información, aula de novas tecnoloxías, espazo de lectura e encontro, zona wifi, biblioteca infantil e xuvenil e zona expositiva; e nel desenvólvense actividades de todo tipo: cursos formativos de carácter anual (club de lectura, de xadrez, de teatro infantil e de adultos) e trimestral (cidadanía dixital, club de creación dixital, introdución ás redes sociais, informática para nenos e nenas, etc), así como múltiples obradoiros de temática diversa. Para o correcto desenvolvemento das mesmas conta con 4 uxieres, 2 animadores socioculturais e 1 auxiliar administrativo.