MOBILIDADE

Asinado o convenio que permite renovar a prestación do servizo de transporte urbano entre Santiago e Os Tilos para os vindeiros 4 anos

01/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración polo que se acorda a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos xunto co rexedor de Teo, Rafael Sisto, e a conselleira de Insfraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade a estas expedicións que vén prestando desde o ano 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostel, mediante a extensión das liñas 6 e 12.

A liña 6, entre San Marcos e Os Tilos, opera de luns a venres laborables, desde as 7 horas ata as 22:50 horas, cada 20 minutos. Os sábados, as viaxes efectúanse entre as 7:20 e as 23 horas, e os domingos, entre as 7:30 e as 23 horas, cada 30 minutos.

A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05.
Estas dúas rutas de transporte urbano realizan paradas nas rúas Ameneiro, Castiñeiro, Carballo e Bidueiro, na citada urbanización.

As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos.

Documentos relacionados



Compartir: