ALCALDÍA
Compostela conmemora o Día Mundial da Diabetes
14/11/2019 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a carpa instalada na praza do Toural con motivo do Día Mundial contra a Diabetes pola Asociación Compostelá de Diabéticos.
Sánchez Bugallo conversou cos integrantes da Asociación, que cada 14 de novembro informan á cidadanía sobre esta enfermidade e miden os niveis de glucosa en sangue das persoas que se achegan ata a carpa.