EDUCACIÓN
O programa busca concienciar aos escolares da importancia de vivir nunha Cidade Patrimonio da Humanidade, poñendo en valor o traballo que realizan de forma conxunta; así como fomentar entre os escolares unha actitude de cidadanía activa, promovendo o coñecemento e goce do patrimonio urbano e impulsando experiencias didácticas que promovan o uso das cidades como recurso educativo.
Destinatarios
Os destinatarios do programa serán grupos de escolares de centros do primeiro ciclo (1ª 2ª e 3º curso) de Educación Secundaria públicos e concertados das 15 cidades que forman o Grupo Cidades Patrimonio, que deberán presentar un proxecto centrado nas boas prácticas sobre conservación e difusión do Patrimonio Mundial de calquera das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España (como cren que deben coidarse e protexerse e de que modo darían a coñecer os bens Patrimonio Mundial).
O formato do traballo será libre, valorándose a orixinalidade da proposta. As solicitudes de participación de todos os centros que desexen participar xestionaranse exclusivamente a través do formulario aloxado na páxina web do Grupo e deberán enviarse antes do 15 de marzo de 2020.
Xurado
Unha vez pechado o prazo de recepción de traballos, cada cidade seleccionará, de entre as propostas enviadas polos seus centros, un gañador local. A Comisión de Educación e Cultura do Grupo seleccionará posteriormente, de entre os gañadores locais das 15 cidades, un único gañador absoluto nacional. O fallo farase público mediante nota de prensa e a través das redes sociais do Grupo antes do 1 de maio de 2020.
Premios
O premio do centro gañador do certame nacional será unha viaxe para os alumnos da clase autora do traballo a unha das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade. O resto de centros seleccionados polas cidades para optar ao premio nacional obterán como premio un vale intercambiable por material tecnolóxico, por valor de 1.000 euros IVE incluído.
A viaxe (tres días e dúas pernoctacións) do centro gañador levarase a cabo entre semana e no último trimestre do curso escolar. Os gastos da viaxe do grupo (transporte, aloxamento e manutención) á cidade seleccionada correrán por conta do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A clase será acompañada por un máximo de tres profesores do centro.
Aula de Patrimonio é unha actividade organizada pola Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, dentro da súa Área de Educación.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 cuxo obxectivo é actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio cultural e a promoción turística das cidades que o compoñen: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
Convocada a sétima edición do programa pedagóxico "Aula de Patrimonio"
30/10/2019 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a sétima edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no marco do curso escolar 2019-2020, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede. A Concellaría de Educación de Santiago xa fixo chegar a convocatoria aos centros da cidade.
O obxectivo de Aula de Patrimonio, que nas súas edicións anteriores contou coa participación de preto de 9.000 alumnos, é que os mozos e mozas que viven e estudan nas cidades patrimonio realicen actividades de investigación e difusión ao redor dos valores que fixeron que estas 15 localidades merezan estar inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.O programa busca concienciar aos escolares da importancia de vivir nunha Cidade Patrimonio da Humanidade, poñendo en valor o traballo que realizan de forma conxunta; así como fomentar entre os escolares unha actitude de cidadanía activa, promovendo o coñecemento e goce do patrimonio urbano e impulsando experiencias didácticas que promovan o uso das cidades como recurso educativo.