INNOVACIÓN

Os concellos de Santiago, A Coruña, Madrid e Zaragoza crean unha web conxunta no marco do programa Red.es

27/02/2019 Os concellos de Santiago, A Coruña, Madrid e Zaragoza poñen en marcha a web ciudadesabiertas.es, un novo espazo no que a veciñanza das catro cidades poderá coñecer a actividade dos seus concellos, dentro do proxecto Plataforma de Goberno aberto, colaborativo e interoperable, beneficiario da convocatoria de cidades intelixentes impulsado por Red.es.

O proxecto Plataforma de Goberno aberto, colaborativo e interoperable supón un investimento de máis de dous millóns de euros. Desa cantidade, o 40% é achegado polos concellos de Santiago, A Coruña, Madrid e Zaragoza; e o 60% por Red.es, grazas á cofinanciamento de fondos europeos FEDER. O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento pleno das políticas de goberno aberto nas cidades, impulsando a publicación de datos abertos, promovendo os procesos participativos e publicando información de servizos que favorezan a transparencia por defecto. Para iso cóntase coa tecnoloxía dunha unidade temporal de empresas, xestionada pola multinacional GMV en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid e LocaliData.

Entre as actuacións do proxecto púxose en marcha o espazo web ciudadesabiertas.es que, a través dos seus apartados de datos abertos, vocabularios, participación e transparencia ofrece información á cidadanía das distintas actuacións realizadas para que os concellos poidan xestionar e publicar datos abertos; lograr a participación cidadá, por defecto, nalgunhas actividades lexislativas, de execución e de control levadas a cabo polos concellos, e aplicar o principio de "transparencia por defecto", facilitando información sobre o funcionamento interno e como se manexan os fondos que reciben. Neste espazo dixital iranse publicando os avances do proxecto de Gobernos abertos.

A creación dun ecosistema de colaboración perdurable no tempo en torno a metodoloxías e solucións TIC innovadoras en goberno aberto, baseado na participación, a co-creación e a reutilización, permitirá aos concellos de Santiago, A Coruña, Madrid e Zaragoza incrementar a súa eficiencia e optimizar os recursos de innovación e tecnolóxicos, logrando un maior alcance. Iso reverterá claramente no beneficio da súa veciñanza, que obterán servizos públicos de calidade que respondan ás súas necesidades, sendo ademais partícipes das decisións tomadas para mellorar as súas cidades.

Compartir: