EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Segundo concerto da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria do CHUS

27/02/2019 Este xoves ,28 de febrero, celebrarase o segundo dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso no marco de colaboración existente entre o Concello e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico.

A sesión será ás 18:00 horas e nela participarán alumnos e alumnas das especialidades de frauta e violoncello, que interpretarán un variado programa con obras de Verdi, Haydn ou Gibb, ademais doutras composicións populares e de filmes animados.

Documentos relacionados



Compartir: