INFORMÁTICA

Seguen as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica

21/06/2018 Este xoves celebrouse unha nova reunión para avanzar na implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago. Desta vez, a xuntanza xirou en torno ao proxecto denominado Estima, relacionado coa xestión tributaria e a recadación. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma de Administración Electrónica.

Este é o proxecto de mellora da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago, e prevese un prazo de dous anos para a súa conclusión total. O obxectivo último é facilitarlle á veciñanza a súa relación coa Administración e permitirlle realizar a maioría dos trámites desde as súas casas, de forma telemática.

O proxecto que xa está en marcha permitirá dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de administración electrónica que inclúa unha sede electrónica, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes.

Compartir: