ESPAZOS CIDADÁNS

O Museo do Pobo Galego acolle este martes a xornada "Novo impulso á planificación estratéxica e urbana"

18/06/2018 O Museo do Pobo Galego acolle mañá martes, entre as 17:00 e as 21:15 horas, a xornada aberta "Novo impulso á planificación estratéxica e urbana", enmarcada no Plan de Xestión para a Cidade Histórica de Santiago de Compostela.

A Xornada contará con dúas mesas redondas. A primeira delas, ás 17:00 horas, será presentada e moderada por Belén Hernández, xerenta do Consorcio de Santiago. Participarán Cristina Sánchez-Carretero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC), quen falará sobre "Patrimonio e innovación"; Erik Vittrup, de Smart Social City, cun relatorio titulado "Dimensión social das cidades históricas", e Abert Cuchí, da Universitat Politècnica de Catalunya, quen falará sobre "Metabolismo urbano".

Despois do descanso, a Xornada continuará ás 19:15 horas cunha sesión moderada pola concelleira de Turismo, Marta Lois, e integrada por: Juan Requejo, codirector do Plan de Xestión para a Cidade Histórica, e Antonino Antequera, do estudio Thuban (encargado da revisión do Plan Especial, que falarán, respectivamente, sobre o Plan de Xestión e sobre o Plan Especial.

Despois destes O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, será o encargado de clausurar a Xornada.

Documentos relacionados



Compartir: