EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O director da Banda de Música de Visantoña agradeceu o convite do Concello de Santiago. Iván Pantín recoñeceu que "para a formación é sempre unha honra poder tocar en Compostela, porque é para nós unha subida de nivel". En canto á súa actuación, explicou que "será un repertorio ecléctico, con temas propios de Banda de Música, pero tamén con moito rock".
Música nas Praterías e no Toural
A celebración do Día Europeo da Música terá dous escenarios centrais: a praza das Praterías e a do Toural. Na primeira delas, a partir das sete da tarde, poderanse escoitar os concertos de varias formacións vinculadas á Escola Municipal de Música de Santiago. Actuarán, en concreto, a Orquestriña Infantil, dirixida por Mario Diz; a Orquestra de Corda, tamén baixo a batuta de Mario Diz; o Combo Moderno, e a Banda, dirixida por Óscar Fernández.
Mentres, tamén a partir das sete da tarde, na praza do Toural, terá lugar o concerto da Asociación Cultural Banda-Escola de Visantoña. Esta formación do concello de Santiso ten 141 anos de historia e na actualidade conta con 35 músicos.
A clausura da celebración será na praza das Praterías a partir das 20:30 horas. Alí poderase escoitar á Escola Municipal de Música de Santiago e á Escola de Visantoña, que interpretarán o Himno Galego e o Himno da Alegría.
Día Europeo da Música
O Día Europeo da Música conmemórase cada 21 de xuño, co obxectivo de animar a músicos profesionais e afeccionados a tomar as rúas das súas cidades e ás institucións musicais a realizar actividades fóra dos seus espazos habituais. A Concellaría de Educación e Cidadanía vénse sumando a esta celebración dende o ano 2010, coa colaboración nas diferentes convocatorias das escolas de música, o conservatorio, os centro de ensino ou diferentes profesionais da música. Nos últimos anos, o Departamento quixo contar coa colaboración de entidades de fóra de Santiago. O ano pasado sumárase á cita o grupo de música tradicional Río de Anxo, de Rianxo.
Outras actividades
O director da Escola Municipal de Música aproveitou a rolda de prensa para presentar outras actividades que vai desenvolver o centro nos próximos días. Así, mañá mércores terá lugar o Festival de Música e Movemento, no que se xuntarán 180 nenos e nenas de 3 a 7 anos para mostrar o traballo desenvolvido ao longo do curso. Farano a través dun espectáculo chamado "Hoxe soñei ser", que agrupa 15 pezas musicais.
Xa o xoves, a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música, a partir das 19:00 horas. Nel participarán máis de 400 nenos e nenas. O director da Escola Municipal, Fernando Rey, explicou que o festival está concibido coma unha homenaxe ao papel da muller na música galega.
Compostela e Santiso xúntanse para celebrar o Día Europeo da Música
12/06/2018 A Escola Municipal de Música de Santiago e a Banda de Música de Visantoña van celebrar conxuntamente en Compostela o Día Europeo da Música, cun programa impulsado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. A celebración será o próximo sábado e encherá de música as prazas das Praterías e do Toural.
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe os actos, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director da Escola Municipal de Música de Santiago, Fernando Rey, e o director da Banda de Música de Visantoña, Iván Pantín. O edil explicou que o seu departamento quixo celebrar o Día Europeo da Música "xuntando a dous concellos que destacan pola súa promoción da música entre os máis novos, como son os de Santiso e Compostela". Dios incidiu en que "este tipo de eventos musicais en vivo son fundamentais na educación musical, que debe ter unha importante parte práctica".O director da Banda de Música de Visantoña agradeceu o convite do Concello de Santiago. Iván Pantín recoñeceu que "para a formación é sempre unha honra poder tocar en Compostela, porque é para nós unha subida de nivel". En canto á súa actuación, explicou que "será un repertorio ecléctico, con temas propios de Banda de Música, pero tamén con moito rock".