INFORMÁTICA
O proxecto que xa está en marcha permitirá dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de administración electrónica que inclúa unha sede electrónica, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes.
Empeza o proceso para a implantación da Administración Electrónica
01/06/2018 Este venres deu comezo o proceso interno para a implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago, cunha primeira xuntanza de coordinación que estivo presidida polo concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. A empresa adxudicataria informou ao secretario, ao tesoureiro e o vicetesoureiro municipais dos primeiros pasos a dar para lograr a modernización global da xestión municipal. O Goberno destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma.
O obxectivo da xuntanza era fixar un primeiro calendario para a implantación da administración electrónica de forma gradual. Este será o proxecto de mellora da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago, e prevese un prazo de dous anos para a súa conclusión total. O obxectivo último é facilitarlle á veciñanza a súa relación coa administración e permitirlle realizar a maioría dos trámites desde as súas casas, de forma telemática.O proxecto que xa está en marcha permitirá dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de administración electrónica que inclúa unha sede electrónica, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes.